Tuesday 30 de April de 2024

Novas publicacións falsas sobre o Concello de Oleiros na prensa


Un importante medio de comunicación publica hoxe novamente unha información falsa sobre o Concello de Oleiros. En concreto afírmase que non se lle permite o uso da pista de patinaxe municipal de Bastiagueiro ao Club Sada Patín, o que é absolutamente falso.

O Concello de Oleiros autorizou por escrito o pasado 22 de febreiro ao Club Sada Patín o uso da pista de patinaxe de Bastiagueiro, os sábados de 16 a 17 horas e domingos de 13 a 14 horas, ata final de ano. Así mesmo, o Concello autorizou a este club a realización dunha xornada da Liga Nacional os día 24 e 25 do pasado mes de setembro.